Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da modificación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 16 do grupo IV (conductor) (lista B) publicada por Resolución do 1 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 19 de setembro).

Advertidos erros materiais na modificación das listas regulada no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 16 do grupo IV (conductor) (lista B) publicada por Resolución do 1 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 19 de setembro), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Modifica-la puntuación de José María Casal Márquez con DNI nº 35.288.203 que saía con 4,45 puntos cando a súa puntuación real é de 8,150 puntos modificándose, polo tanto, o seu número de orde, quedando no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 9 e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 5.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública