Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 23 do grupo IV (mestre gaiteiro) (lista A1) publicada por Resolución do 2 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 9 de febreiro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 23 do grupo IV (mestre gaiteiro) (lista A1) publicada por Resolución do 2 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 2 de febreiro), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Florentino Piñeiro Vázquez, con DNI nº 33.303.574 no ámbito xeográfico U0000 co número de orde 1, cunha puntuación de 18,960.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública