Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 50 do grupo III (técnicos especialistas en xardín de infancia, educador infantil) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 17 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 50 do grupo III (técnicos especialistas en xardín de infancia, educador infantil) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo), esta dirección

xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Carolina Rosa Meijide Álvarez, con DNI nº 34.257.742 no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 12, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 9 e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 33, en todos eles cunha puntuación de 1,380 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública