Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 31 do grupo II (restaurador/a) (lista B) publicada por Resolución do 23 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 130, do 5 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 31 do grupo II (restaurador/a) (lista B) publicada por Resolución do 23 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 5 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

Incluír a Rebeca Nores González, con DNI nº 78.739.762 no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 25, no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 26, en todos eles cunha puntuación de 0,75 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública