Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na do 8 de agosto de 2000 pola que se fai pública a relación de postos de traballo de persoal laboral de administración e servicios.

Advertidos erros no anexo da Resolución do 8 de agosto de 2000 (DOG nº 147, do 7 de setembro), da Universidade da Coruña, pola que se fai pública a relación de postos de traballo de persoal laboral de administración e servicios dela, este rectorado ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á rectificación nos termos que se indican no anexo que se achega.

A Coruña, 6 de outubro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña