Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

39 P.O.L. 2000 Abadín.-Saneamento e depuración da conca do río-Abadín no núcleo rural de Corvite10.265.2076 mesesNon se esixe

44 P.O.L. 2000 Castro de Rei.-Saneamento e depuración da conca do río Azúmara nos núcleos de Reguntille e Corral10.000.0006 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

45 P.O.L. 2000 Cospeito.-Saneamento e depuración conca do río Guisande no núcleo rural de Borrigón12.996.5546 mesesNon se esixe

53 P.O.L. 2000 Meira.-Saneamento e depuración conca Alto Miño nos núcleos de Corvaceiras e Grañanova.17.099.6979 mesesNon se esixe

57 P.O.L. 2000 A Pastoriza.-Saneamento e depuración da conca do regato Portela no núcleo de Macieira.20.865.7406 meses

Subgrupo 1),

categoría c

58 P.O.L. 2000 Pol.-Saneamento e depuración conca do río Pol nos núcleos rurais de Fonfría e Galegos.17.172.3546 mesesNon se esixe

63 P.O.L. 2000 Riotorto.-Saneamento e depuración conca do río Miñotelo nos núcleos Igrexa e Sabugueira.16.913.6486 mesesNon se esixe

158 P.O.S. 2000 Guntín.-Cinto comarcal tramo Lousada-Veiga, reforzo do firme p.k. 1,50-3, 8519.000.0003 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratatación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sabados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 17 outubro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputaciòn Provincial de Lugo