Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto: contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilarmaior.

3. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.500.000 pesetas (co IVE), 33.055,67 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación (110.000 pesetas, 661,11 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello de 9 a 14 horas de luns a venres.

7. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

8. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 16 de outubro de 2000.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente