Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 13415/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, cinco lotes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 5.475.756 pesetas, lote 2: 7.334.183 pesetas, lote 3: 12.869.169 pesetas, lote 4: 2.996.709 pesetas. lote 5: 31.234.700 pesetas.

5. Garantía: provisional: dous por cento do tipo de licitación do lote ó que presente oferta.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo para presenta-las ofertas remata o día 27-11-2000.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do 28-11-2000.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 16 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde