Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración dun sistema de comunicacións de voz e datos -trunking- para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Informática. Nº de expediente 674/113.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración dun sistema de comunicacións de voz e datos -trunking-.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 8 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 39.000.000 de ptas.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 11 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde