Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 28 de setembro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto, formulado polos servicios técnicos municipais, para a modificación puntual das determinacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) aplicables á parcela ocupada polas instalacións do colexio Manuel Peleteiro nas rúas de San Pedro de Mezonzo (número 27) e República Arxentina.

A nova ordenación prevista para a citada parcela incorpórase ó artigo 134 do Plan xeral (ordenanzas especiais da cidade) como ordenanza especial OE-4.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias na parcela sinalada, durante o prazo dun ano, para tódolos usos e obras que resulten incompatibles co novo réxime urbanístico.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado