Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 2 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de xestión L do Plan especial de reforma interior dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, redactado polos servicios técnicos municipais.

O ámbito de actuación coincide coa unidade delimitada e abrangue unha superficie de 1.313,06 m e linda:

Norte: edificio número 11 da rúa de Monte dos Postes.

Sur: edificio número 75 da rúa das Fontiñas.

Leste: rúa de Monte dos Postes.

Oeste: terreos da Cooperativa de Vivendas Compostela Tres.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expe

diente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde