Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1303/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 21 de setembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para agrupación de tres soares no PERI do núcleo histórico de Ourense, r/ Baño, nº 3, 5, 7 e 9 promovido por Anacleto Jesús Blanco Álvarez, en representación de Roblago, S.L.

2. Someter a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos diarios de maior circulación na provincia. E

3. Á vista do resultado da información pública o concello aprobarao definitivamente coas modificacións que resulten pertinentes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de setembro de 2000.

Aurelio Gómez Villar

Alcalde accidental