Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.696

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO APE H3.01 DO CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do trámite de información pública.

A asemblea xeral da Xunta de Compesación do APE H3.01 (Ensenada dos Pelamios) do Concello da Coruña acordou en sesión extraordinaria do día 14 de setembro do 2000, aprobar inicialmente o proxecto de compensación do APE H3.01, o cal deberá ser sometido a información pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio, mediante notificación persoal ós propietarios con domicilio coñecido e publicación do correspondente anuncio no DOG, en cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Ley 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente completo atópase exposto no departamento de Urbanismo do Concello da Coruña (Casa Paredes, avenida da Mariña s/n) e na sede da propia Xunta de Compensación sita na rúa perpendicular a Orillamar, 36, baixo L, da Coruña, onde se poderán presenta-las alegacións correspondentes.

A Coruña, 9 de outubro de 2000.

José Miguel Vázquez García

Secretario