Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación de varios artigos dos estatutos da Asociación de Productores y Distribuidores de Energía de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 25 de setembro de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita asociación Adolfo Álvarez Castro, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral que tivo lugar o 26-2-1999, consistente na modificación dos artigos 12 (punto terceiro) e 13, así como a xunta que tivo lugar o 31-3-2000, na que se acorda traslada-la sede social da asociacion á praza Europa, nº 15, 4º A (Área Central), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais