Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores e Instaladores de Gas (Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores e Instaladores de Gas (Galicia), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderá ser membro da asociación calquera distribuidor ou instalador de gas butano da marca Galp.

Asinan a acta de constitución: Antonio Salgado Carral e Donato Plácido Rodríguez Acebedo en representación de Gas Deza, S.L., Julio Méndez Conde e José Ricardo González Pérez representando a Ourengald, S.L., Manuel Góyez López representando a Gas Órdenes, S.L. e José Luis González Regal representación a Gas Luis, S.L.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais