Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación de diversos artigos dos estatutos da Asociación Cexga Círculo de Exportadores Gallegos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada, o día 21 de setembro de 2000, certificación expedida polo secretario da referida asociación, José Rodríguez Iglesias, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral extraordinaria que tivo lugar o 31 de maio de 2000, consistente na modificación dos artigos un, dous, tres, sete dezaseis e vintecatro dos estatutos, e que fan referencia, respectivamente, á constitución e denominación, obxectivos, fundación, os órganos, acordos e financiamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais