Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Enseñanzas Náuticas de Recreto (Ageenar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Enseñanzas Náuticas de Recreo (Ageenar), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, titulares de escolas e academias homologadas pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e cunha actividade que consista na preparación e formación da náutica de recreo.

Asinan a acta de constitución: Rocío Gil Gómez, representante de Cainosa Vigo e cuatro persoas máis representando a outras tantas sociedades.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais