En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Administradores de Loterías y Apuestas del Estado (AGALAE), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas naturais titulares de administracións de loterías e apostas do Estado.
Asinan a acta de constitución: Gabriel Posse Suárez e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais