Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación do artigo dos estatutos da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 21 de setembro de 2000, certificación expedida polo secretario da referida asociación, Ricardo Fernández Costas, co visto e prace da súa presidenta, María Isabel Castro Díaz, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o día 11 de marzo de 2000, en Santiago de Compostela, e que consiste na modificación do artigo onde trata do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Coruxa, nº 4-2º F, O Milladoiro-Ames (A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais