Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Galega de Academias.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 15 de setembro de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita federación, Guillermo García Sanjiao, avalada co visto e prace do presidente, Antonio Dieter Moure Areán, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva que tivo lugar o día 17 de xuño de 2000, e que consiste na modificación do artigo 6 dos estatutos e que supón o cambio do domicilio social da federación, que

dando fixado este na Avda. de Lugo, 2-A, baixo (Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais