Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico de Pedregal Tremuzo. (Expediente 1/1999).

Para os efectos previstos nos decretos 442/1990, de avaliación do impacto ambiental, 327/1991, de avaliación de efectos ambientais e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública o estudio de efectos ambientais das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: parque eólico de Pedregal Tremuzo.

Concellos afectados: Muros, Mazaricos e Outes (A Coruña).

Descricións técnicas:

Potencia que se vai instalar: 30,36 Mw.

Coordenadas:

V: (X=500.783; Y=4.744.217)

V: (X=501.000; Y=4.744.000)

V: (X=501.730; Y=4.744.000)

V: (X=502.225; Y=4.743.188)

V: (X=502.600; Y=4.743.310)

V: (X=504.058; Y=4.742.435)

V: (X=504.188; Y=4.740.620)

V: (X=504.000; Y=4.740.000)

V: (X=503.670; Y=4.740.496)

V: (X=503.492; Y=4.741.877)

V: (X=503.128; Y=4.742.069)

V: (X=502.870; Y=4.742.777)

V: (X=502.163; Y=4.742.731)

V: (X=502.168; Y=4.742.070)

V: (X=501.838; Y=4.742.070)

V: (X=501.822; Y=4.742.885)

V: (X=501.506; Y=4.742.885)

V: (X=501.506; Y=4.743.481)

V: (X=500.616; Y=4.743.278)

V: (X=500.328; Y=4.743.785)

46 aeroxeradores, de 660 kW/u montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 Pas de 47 m de diámetro.

46 transformadores, situados no interior dos fustes de 775 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. kal-H16 12/20 kV Al 3x1x(1x240) mm.

Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

Aparellos para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 66 kV e 20 kV da subestación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Pedregal Tremuzo poderase examinar nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, A Coruña, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e nos concellos de Muros, Mazaricos e Outes, podendo presentarse cantas alegacións se coiden oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña