Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico de Coriscada II. (Expediente 15/1998).

Para os efectos previstos nos decretos 442/1990, de avaliación do impacto ambiental, 327/1991, de avaliación de efectos ambientais e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública o estudio de efectos ambientais das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: parque eólico de Coriscada II.

Concellos afectados: Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Descricións técnicas:

Potencia que se vai instalar: 18,48 MW.

Coordenadas:

V: (X=600.500; Y=4.834.000)

V: (X=601.000; Y=4.834.000)

V: (X=601.000; Y=4.832.500)

V: (X=601.750; Y=4.832.750)

V: (X=602.000; Y=4.832.500)

V: (X=601.000; Y=4.832.000)

V: (X=600.500; Y=4.832.000)

V: (X=600.500; Y=4.831.500)

V: (X=600.000; Y=4.831.500)

V: (X=598.500; Y=4.833.500)

V: (X=599.250; Y=4.833.500)

V: (X=600.000; Y=4.833.000)

28 aeroxeradores, de 660 kW/u montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 Pas de 47 m de diámetro.

28 transformadores, situados no interior dos fustes de 775 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 15/25 kV Al 3x1x(1x300) mm.

Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 25 MVA e relación de transformación 20/132 kV e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

Aparellos para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 132 kV e 20 kV da subestación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Coriscada II poderase examinar nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, A Coruña, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e nos concellos de Mañón e Ortigueira, podendo presentarse cantas alegacións se coiden oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña