Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/182-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. e R.B.T.S., Rosalía de Castro.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 300 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. rúa da Raxoeira e final nos novos CC.TT. Rosalía de Castro que se vai instalar. Centros de transformación, situados en baixos de edificios de vivendas, un na r/ Agro do Medio e outro na rúa contigua ó cuarteira de vivendas que alimenta, de 400 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión subterráneas en conductor R.Z. de 265 m de lonxitude que alimentan a urbanización. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña