Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma C.T. Alfredo Brañas.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: reforma do centro de transformación Alfredo Brañas na r/ Alfredo Brañas, instalando transformador de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV e conxunto de celas compactas en SF6 (2L+1P). Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 20 de setembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña