Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón/Sabón-A Grela, no termo municipal da Coruña. (Expediente 92/2000).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificación en avda. de Arteixo 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 31 de marzo de 2000 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Substitución do apoio nº 332 e do van correspondente ata o pórtico subestación da liña de alta tensión a 220 kV Mesón/Sabón-A Grela, instalándose un novo apoio metálico de celosía para paso aéreo a subterráneo da liña Mesón-A Grela, que vén de Belesar (expediente 8815) e da liña Sabón-A Grela, que vén de Portodemouros (expediente 15939) e dobre circuíto subterráneo, baixo tubo e conductor R.H.E. 127/220 kV de 1.200 mm Al, de 350 m de lonxitude, con orixe no citado apoio e final na nova subestación da Grela.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 14 de abril de 2000, publicada no DOG do 15 de maio, BOP da Coruña do 6 de maio e o xornal La Voz de Galicia do 28 de maio, no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña e na Delegación Provincial da Coruña; así mesmo, a Delegación Provincial notificou individualmente a mencionada solicitude ós interesados que figuran na dita relación.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Cuarto.-O 6 de setembro a empresa promotora desiste da solicitude da declaración de utilidade pública da citada instalación, dado que chegou a un acordo amigable cos titulares dos predios afectados pola expropiación.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de Dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón/Sabón-A Grela, no termo municipal da Coruña.

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de os interesados poderen interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria