Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.649

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de outubro de 2000 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2000 e organizadas polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas (Diario Oficial de Galicia, do 18 de agosto de 1999).

Por Orde do 26 de xullo de 2000 (DOG do 17 de agosto) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2000 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.3221.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación das axudas, que se deberá realizar ata o 30 de outubro de 2000 para as actividades realizadas ata o 30 de setembro incluído, e ata o 5 de decembro de 2000, para as que se realicen entre o 1 de outubro e o 4 de decembro ámbolos dous incluídos.

Terceiro.-Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la avaliación delas.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Acta da comisión de axudas para asociacións e fundacións.

Nome da asociaciónCantidade

asignada

Asociación de Directores de Colexios Públicos da Coruña100.000

Asociación Centro de Filosofía para Nenos/as de Galicia100.000

Asociación de Ensinantes do Salnés Candea281.082

Sindicato de Traballadores do Ensino (STEG)100.000

Asociación MRP Lucus191.541

Asociación Galega de Atención Temperá100.000

Aula Castelao de Filosofía de Pontevedra100.000

Asociación de Mestres dos Colexios Rurais de Galicia100.000

Asociación de Profesores de Inglés de Galicia (Apiga)460.355

Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras de Ourense561.763

Asociación Cultural Matinando100.000

Asociación Pedagóxico-Cultural Soutullo241.245

Confederación Intesindical Galega (CIG-Ensino)599.791

Asociación MRP-Dolmen653.113

Asociación de Directores de C.P. da Bisbarra de Santiago279.296

Seminario Galego de Educadores para a Paz369.814

Suma total:4.338.000