Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.648

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de outubro de 2000 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2000 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Por Orde do 26 de xullo de 2000 (DOG do 17 de agosto) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2000 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

1º Concederlles, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.3221.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

2º Modifica-lo prazo de xustificación das axudas, que se deberá realizar ata o 30 de outubro de 2000 para as actividades realizadas ata o 30 de setembro incluído, e ata o 5 de decembro de 2000, para as que se realicen entre o 1 de outubro e o 4 de decembro ámbolos dous incluídos.

3º Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la avaliación delas.

4º Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira. autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Anexo á acta da Comisión de Axudas a MRP.

Cantidades asignadas a cada MRP para o ano 2000.

MPR

actividade

2ª e 3ª

actividades

Actividades ó

longo do ano

Total

APJEGP700.000400.000300.0001.400.000

Universidade Popular de Corcubión500.000300.000800.000

ASPGP700.000400.000300.0001.400.000

Nova Escola Galega700.000400.000300.0001.400.000

MRP-Escola de Verán de Lugo700.000300.0001.000.000

Asociación Pedagóxica: Instituto Galego de Socio-Pedagoxía700.000200.000300.0001.200.000

Asociación Socio-Pedagó-

xica Galega (AS-PG)

700.000400.000300.0001.400.000

Escola Viva700.000400.000300.0001.400.000

Total pesetas10.000.000