Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilasantar.

2. Obxecto do contrato.

Adquisición de equipamento para a escola de agricultura ecolóxica. (Anualidade 2000, plano 2000 de protección do medio natural).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.357.163 pesetas, IVE incluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilasantar, Ru, s/n, (parroquia de Vilasantar).

b) Teléfono: 981 77 81 69.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que se presentará: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, de subministracións comprendidas nos planos provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP número 77, do 3 de abril de 2000).

c) Lugar de presentación: Secretaría Xeral do Concello de Vilasantar.

7. Apertura de ofertas.

A apertura de ofertas terá lugar no Concello de Vilasantar, ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, adiarase ó primeiro día hábil seguinte.

8. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilasantar, 4 de setembro de 2000.

José Manuel Taboada García

Alcalde