Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilasantar.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras complementarias aula de agricultura ecolóxica.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

10.749.117 pesetas.

5. Garantías.

Definitiva 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilasantar, Ru, s/n, (parroquia de Vilasantar).

b) Teléfono: 981 77 81 69.

7. Presentación de ofertas.

A documentación que se presentará: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante poxa con procedemento aberto, de subministracións comprendidas nos planos provinciais aprobados pola Deputación Provincia da Coruña (BOP número 77, do 3 de abril de 2000).

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Vilasantar, de 9 a 14 horas, agás sábados de 10 a 13 horas.

Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación nin outros requisitos específicos.

9. Apertura de ofertas.

Terá lugar ás 13 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) daquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: serán de cargo do adxudicatario.

Vilasantar, 4 de setembro de 2000.

José Manuel Taboada García

Alcalde