Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU de Vigo parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. (Expediente 4868/411).

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de setembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOU-parque tecnolóxico e loxístico de Vigo, por instancia do Consorcio da Zona Franca de Vigo, e redactada pola empresa de enxeñería e urbanismo Iterurban, S.A., así como a documentación complementaria presentada por este organismo con data do 12 de abril de 1999.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselles o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 16 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo