Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. (Expediente 4959/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 5 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente, coa reserva que se expresa no punto segundo do presente acordo, o Plan parcial de ordenación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (expediente 4959/411), redactado polo consultor Interurbán, S.A., e asinado polo enxeñeiro director Roberto Aya Duarte, presentado polo consorcio da zona franca de Vigo, segundo a documentación técnica refundida e completada contida na carpeta con data de elaboración de maio de 1999.

Segundo.-Con anterioridade á aprobación definitiva do presente plan parcial deberán figurar incorporadas a el as adecuadas previsións sobre as actuacións que se executarán para a conexión do viario -coas aprobacións administrativas pertinentes-, e da infraestructura de abastecemento de auga do ámbito do Plan parcial cos sistemas xerais exteriores á actuación; avaliación do seu custo, prazos e condicións en que deban ser exectuadas, de acordo co plan de etapas que definitivamente se aprobe para este Plan parcial; xustificación das previsións que, conforme o expresado convenio teñan que ser realizadas con recursos propios deste concello; e acreditación da conformidade das administracións ou entidades públicas, distintas deste concello, ás que, se é o caso, se atribúa o financiamento de todo ou parte dalgunha destas actuacións.

Terceiro.-Sométase o expediente ó trámite de información pública por prazo dun mes e publíquese a apertura deste trámite mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do art. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren desco

ñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 6 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo