Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 236, do 14 de outubro de 2000, publicáronse as bases para cubri-las seguintes prazas de persoal deste concello, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2000:

-Sete prazas de peón, para cubrir como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición.

-Dúas prazas de axudante de matarife, para cubrir como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición.

-Unha praza de oficial 1ª matarife, para cubrir como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición.

-Dúas prazas de axudante de obras e servicios, para cubrir como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición, e polo sistema de promoción interna.

-Unha praza de técnico de xestión, integrada no grupo B, escala de Administración xeral, subescala de xestión, para cubrir en propiedade mediante concurso-oposición.

-Unha praza de administrativo de Administración xeral, integrada no grupo C, escala de Administra

ción xeral, subescala administrativa, para cubrir mediante concurso-oposición e polo sistema de promoción interna.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Sarria, 16 de outubro de 2000.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde