Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 13 de outubro de 2000 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de rehabilitación de edificio para centro socio-cultural y Museo da Lagoa de Antela, 2ª fase, o que se expón ó público na secretaría do concello

polo prazo de 8 días hábiles, para a poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo licitación: 8.013.932.

Fianza provisional: 160.278.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Proposicións: presentarse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás, teléfono 988 46 50 01. Fax 988 44 60 48.

Sandiás, 16 de outubro de 2000.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa