Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Presidencia do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da subministración e instalación de pavimento deportivo no pavillón multiusos da Xunqueira.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa J.M. Pintos s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de pavimento deportivo no pavillón multiusos da Xunqueira.

b) Prazo de execución: o prazo para a subministración e instalación do pavimento é de dous meses, computados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: o orzamento do contrato é de 23.428.926 pesetas (140.800,52 euros), incluídos tódolos gastos, IVE e dirección técnica da instalación que será aboado logo da presentación de factura/as conformadas polo director técnico.

5. Garantías.

a) Provisional: 468.579 pesetas (2.816 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Rúa J.M. Pintos, s/n. Pontevedra 36005. Teléfono: 986 87 20 12/13. Fax: 986 87 20 12.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: cláusula 11ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro do organismo autónomo Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación ás 13 horas do seguinte día hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, si coincidira en sábado a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 13 horas na sala de xuntas do concello.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1) Mellora na calidade dos materiais en referencia ás prescricións técnicas descritas, ata 4 puntos.

2) Menor prezo, ata 3 puntos.

3) Menor prazo de entrega, ata 2 puntos.

4) Referencias de instalacións do mesmo producto, ata 1 punto.

10. Gastos: serán de conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios e cantos outros e orixinen con motivo dos trámites preparatorios do contrato, así como todo tipo de tributos, incluído o imposto estatal sobre o valor engadido e o imposto municipal sobre actividades económicas.

Pontevedra, 27 de setembro de 2000.

Manuel Xesús Fontán Bouzas

Presidente

Adolfo Castro Pérez

Secretario