Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-289).

Por resolución desta alcaldía nº 5082/2000 con data do 16 de outubro de 2000, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle das parcelas AR1, AR2, AR3, AR4, AR5, AR6, AR7, AR8, AR9 e AR10, no polígono I do SUNP B-25-R A Cova, en Oleiros, tramitado por Parque de Santa Cruz, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 17 de outubro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta