Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-392).

Por resolución desta alcaldía nº 4790/2000 con data do 2 de outubro de 2000, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle de integración paisaxística para a implantación de complexo turístico, en Pazo do Río, Liáns, tramitado por Promomax, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 9 de outubro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta