A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de xuño de 2000 (DOG do 21 de xuño), convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2000.
Na base quinta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede
DISPOÑO:
Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2000, as persoas que a seguir se relacionan:
Presidente: Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Vocais:
José Manuel Castro Pérez, proposto polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Antoliano Díez Melero, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia.
José Manuel González González, proposto pola Consellería de Industria e Comercio.
Luis Fernando Quiroga y Piñeyro, proposto pola Fundación Empresa-Universidade Galega.
Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública