En atención ós méritos que concorren en Fernando de la Rúa, presidente da República Arxentina, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.
Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de dous mil,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando de la Rúa, presidente da República Arxentina.
Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública