Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000 pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria, convocado pola Orde do 12 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio).

Por Orde do 12 de maio de 2000 (DOG do 26 de maio), convócase concurso público para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola comisión de selección nomeada segundo o previsto no artigo 4 da citada Orde do 14 de xullo.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder axudas para a realización de dous proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía e anualidades que en cada caso se sinalan.

Segundo.-As axudas que se relacionan no anexo comprenden a totalidade da axuda necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación, incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo o que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único, por cada anualidade e a través da Universidade de Santiago de Compostela logo de presentación das correspondentes certificacións de gasto e de acordo coa normativa vixente.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 12 de maio de 2000 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 12-5-2000)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

Investigador principal: José Manuel Vez Jeremías.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Código: PGIDT00EDU24101PR.

Título do proxecto: posibles causas da deficiente competencia comunicativa oral do alumnado no dominio de linguas estranxeiras.

Ano 2000: 3.000.000 de pesetas.

Ano 2001: 3.500.000 pesetas.

Total: 6.500.000 pesetas.

Persoal: si.

Investigador principal: Agustín Dosil Maceira.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Código: PGIDT00EDU21101PR.

Título do proxecto: avaliación dos servicios de orientación.

Ano 2000: 3.500.000 pesetas.

Ano 2001: 2.730.000 pesetas.

Total: 6.230.000 pesetas.

Persoal: si.