Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de outubro de 2000, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se amplía o prazo de presentación dos xustificantes de gasto realizados ó abeiro da Orde do 20 de xuño de 2000 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de investigación (Diario Oficial de Galicia número 127, do 30 de xuño).

As consellerías de Sanidade e Servicios Sociais e da Presidencia e Administración Pública dictaron a orde conxunta do 20 de xuño de 2000, pola que se convocan e regula o réxime de concesión de axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador e do fomento de estudios e investigacións científicas na área da saúde.

Esta orde ten por obxecto convocar axudas para a realización de traballos de investigación en Galicia dentro dos centros, servicios e establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na citada disposición, no seu artigo 8, establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación, antes do 20 de outubro de 2000, dos xustificantes de gasto.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos realizados polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que nos foron concedidas,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación dos xustificantes de gasto das axudas concedidas ó abeiro da Orde do 20 de xuño de 2000, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ata o día 15 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Jaime Pita VarelaJosé Mª Hernández Cochón

Conselleiro da Presidencia Conselleiro de Sanidade

e Administración Pública e Servicios Sociais