Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.514

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 10 de outubro de 2000 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por otra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado no Pleno en data do 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do Consello, polo que, solicitada pola Universidade de Vigo, o cesamento do vocal designado, procede acordalo e nomea-lo novo representante proposto pola Universidade de Vigo.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que

se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Universidade de Vigo, agradecéndolle os servicios prestados:

Antonio Gallardo Correa como suplente.

Artigo 2º

Designar como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Universidade de Vigo, en substitución do que causa baixa pola presente orde, a persoa que a continuación se relaciona:

Ignacio Munilla Rumbao como suplente.

Artigo 3º

Despois do dito cesamento e nomeamento, os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta e en representación da Universidade de Vigo, son os seguintes:

-Como titular: Salustiano Mato de la Iglesia

-Como suplente: Ignacio Munilla Rumbao.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente