Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 2 de outubro de 2000 polo que se notifica a resolución da reclamación económico-administrativa 1277-PO 99/8 interposta por Celia Vázquez García.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da resolución corresponte á reclamación económico-administrativa interposta por Celia Vázquez García (domicilio: Avda. Camelias, 134-1ºA Vigo), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que en reunión do 30 de marzo de 2000, o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou a reclamación nº 1277-PO 99/8 interposta por Celia Vázquez García. Esta resolución estará á disposición da interesada nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Esta resolución esgota a vía económico-administrativa, contra ela poderá interpor recurso perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do Tribunal Económico-Administrativo

da Comunidade Autónoma de Galicia