Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 2 de outubro de 2000 polo que se notifican as resolucións das reclamacións económico-administrativas 1290-C 99/9 e 1291-C 99/9 interpostas por Manuel Torrecillas Piñeiro.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria das resolucións correspontes ás reclamacións económico-administrativas interpostas por Manuel Torrecillas Piñeiro (domicilio: r/ Venezuela, 78-1º D Ferrol-A Coruña), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de pro

cedemento nas reclamacións económico-administrativas:

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que en reunión do 30 de marzo de 2000, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou as reclamacións nº 1290-C 99/9 e 1291-C 99/9 interpostas por Manuel Torrecillas Piñeiro. Estas resolucións estarán á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Estas resolucións esgotan a vía económico administrativa, contra elas poderá interpor recursos perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do Tribunal Económico-Administrativo

da Comunidade Autónoma de Galicia