Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.416

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de xullo de 2000 pola que se modifica a regulación da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación das prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde inclúe no grupo de prestacións sanitarias do dito sistema, a prestación ortoprotésica. Pola súa banda, a Orde do 18 de xaneiro de 1996 do Ministerio de Sanidade e Consumo, de desenvolvemento do real decreto precitado, así como as súas modificacións posteriores (orde do Ministerio de Sanidade e Consumo do 23 de xullo de 1999 e Orde do Ministerio de Sanidade do 30 de marzo de 2000) establece que as administracións públicas na xestión da prestación ortoprotésica elaborarán os correspondentes catálogos de materiais ortoprotésicos, así como as condicións de acceso, prescrición, xestión, aplicación e, se procede, de recuperación de artigos. Así mesmo tense en conta o disposto no Real decreto 414/1996, do 1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios.

Polo Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional de Saúde, e o Decreto 16/1991, do 11 de xaneiro, asúmeos e adscríbeos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

A presente orde ten por obxecto modifica-las condicións para a execución da prestación ortoprotésica dos productos incluídos no artigo 108 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Decreto 2065/1974, do 30 de maio, a través dos establecementos de ortopedia na Comunidade Autónoma de Galicia, regulados pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 23 de xullo de 1999.

O novo texto vén substituír por derrogación expresa a orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 7 de febreiro de 1997, pola que se regula a prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta a experiencia dos últimos anos en relación coa prestación ortoprotésica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e respondendo á vontade de modernización da dita prestación, no obxectivo de acadar un alto nivel de eficacia desta e de facilitar ós usuarios unha maior axilidade e rapidez na tramitación administrativa, garantindo un adecuado nivel de calidade dos productos prescritos, xorde a necesidade de establecer novas medidas de xestión e control da prestación que substitúan, adapten e melloren as existentes.

Por proposta da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica e, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regu

ladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Apróbase o Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico que figura como anexo I á presente orde. O dito catálogo será de aplicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e contén aqueles productos sanitarios suxeitos a financiamento polo Servicio Galego de Saúde ás persoas con dereito a cobertura sanitaria dentro do Sistema Nacional de Saúde e que precisen algunha das prestacións regulamentarias incluídas no artigo 108 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

Tamén se inclúen as prescricións motivadas por cambios na situación clínica do paciente e os recambios destes productos que unicamente procederá cando se supere o período de garantía, se comprobe unha deterioración que impida unha utilización normal do producto e as solicitudes sexan efectuadas por indicación do especialista correspondente. As ditas solicitudes serán denegadas cando o suposto sexa consecuencia de mala utilización por parte do usuario do producto de que se trate.

Durante o período de garantía serán por conta do establecemento tódalas operacións e gastos ocasionados polos recambios de compoñentes ou productos deteriorados por defectos imputables ós seus elementos, ó proceso de elaboración ou ó de adaptación.

2. Así mesmo mediante a aprobación do dito catálogo procédese para cada producto á fixación de contías máximas financiadas polo Servicio Galego de Saúde, cantidade que está especificada en cada caso, e as achegas fixas que deben efectua-los beneficiarios da prestación naqueles productos que así o estableza a orde do Ministerio de Sanidade e Consumo, do 18 de xaneiro de 1996, e a súa modificación mediante Orde do 23 de xullo de 1999.

Artigo 2º.-Prescrición.

1. A prescrición dos productos contidos no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico será efectuada en tódolos casos polos facultativos da rede propia do Servicio Galego de Saúde ou os dos hospitais vinculados ó Servicio Galego de Saúde mediante concerto, especialistas na materia correspondente á clínica que xustifique a prescrición, que se adaptará na súa descrición e nas súas especificacións técnico-sanitarias, incluíndo de forma obrigada a denominación e código do producto de que se trate, á lista de productos de ortoprótese que integran o catálogo que se aproba mediante esta orde.

En caso da non correspondencia entre a descrición do producto e o seu código prevalecerá a descrición do producto.

2. Para a prescrición dos ditos productos ortoprotésicos utilizarase exclusivamente o modelo de informe clínico-folla de prescrición que se incorpora como anexo II a esta orde.

As follas de prescrición terán unha validez de 60 días naturais para a súa recepción polos estable

cementos de ortopedia, contados a partir da data de prescrición nelas consignada e quedarán automaticamente caducadas e sen efectos, transcorrido o dito prazo.

En tódolos productos o especialista prescritor comprobará que o dito producto se axusta como mínimo ás súas indicacións e se adapta perfectamente ó paciente, para o que deberá asina-lo visto e prace á adaptación que figura na folla de prescrición descrita.

Os facultativos prescritores deberán, así mesmo, en tódolos casos consignar ademais a orixe da continxencia.

As prescricións dos productos ortoprotésicos realizaranse en centros asistenciais que dispoñan dos medios suficientes e o equipo adecuado para o control da adaptación ó producto facilitado ó paciente.

3. Os centros de atención especializada confirmarán ademais que a prestación ortoprotésica é con cargo ó Servicio Galego de Saúde, utilizando para iso o modelo que se inclúe como anexo III a esta orde.

Artigo 3º.-Prótese cirúrxicas.

As próteses cirúrxicas fixas continuaranse facilitando por parte dos hospitais, con cargo ós seus propios orzamentos, e deberán en tódolos casos cumpri-los requisitos de adquisición dispostos na lexislación sobre contratos das administracións públicas e as normas específicas de desenvolvemento que estableza a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O Servicio Galego de Saúde aprobará e publicará no seu momento o catálogo de implantes, adaptado ó contido do anexo I da orde ministerial do 18 de xaneiro de 1996 e que será de obrigado cumprimento para a totalidade dos centros hospitalarios.

Artigo 4º.-Tramitación.

O procedemento da prestación ortoprotésica, polo que respecta á súa tramitación administrativa, financiamento e concesión, adaptarase ós seguintes criterios:

1. Establécese con carácter xeral a modalidade de pagamento directo do prezo do producto ortoprotésico prescrito que figura no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico.

As asociacións ou ortopedias legalmente constituídas deberán de solicitar e subscribir un convenio para estes efectos co Servicio Galego de Saúde, actuando as ditas asociacións como representantes das ortopedias asociadas. As ortopedias incluídas no convenio deberán cumpri-los requisitos establecidos na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 23 de xullo de 1999 pola que se regulan os establecementos de ortopedia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo no convenio quedará establecido o procedemento para levar a cabo esta modalidade.

-Aqueles productos que figuran no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico sen prezo total, unicamente con cantidade máxima que financiará o Sergas,

poderán igualmente ser facturados polas ortopedias mediante esta modalidade.

-En ningún caso as ortopedias asinantes do convenio poderán cobrar ó Servicio Galego de Saúde ningunha cantidade superior á establecida no catálogo.

-Os usuarios aboarán ás ortopedias a cantidade fixa prevista como achega do usuario que figura no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o establecido na O.M. do 18 de xaneiro de 1996 para regulación da prestación ortoprotésica, e a súa posterior modificación mediante O.M. do 23 de xullo de 1999.

As ortopedias asinantes do convenio non poderán aplicar en ningún caso ós pacientes do Servicio Galego de Saúde o procedemento de reintegro de gastos previsto no punto 3 deste artigo.

2. A adquisición de material ortoprotésico poderase realizar por concurso público para os seguintes casos:

-Material para lesionados medulares e enfermidades neuromusculares.

-Material para paralíticos cerebrais (atención temperá).

-Material para queimados.

-Todo aquel material ortoprotésico non incluído no catálogo cando a súa prescrición sexa autorizada pola Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica.

En tódolos casos a celebración de calquera concurso deberá ser autorizada previamente pola Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica.

3. O procedemento de reintegro de gastos soamente será de aplicación de forma puntual para aqueles supostos en que o usuario acuda a ortopedias autorizadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que non subscribiran convenio co Servicio Galego de Saúde.

4. A Comisión Central para Regulación e Seguimento da prestación Ortoprotésica poderá, excepcionalmente, cando as circunstancias o xustifiquen e se evidencie no seguimento e avaliación que se leve a cabo, modifica-los procedementos e modalidades de prestación expostos.

Así mesmo, a prescrición e adquisición de calquera material ortoprotésico non incluído no catálogo que se aproba nesta orde terá que ser autorizado expresamente pola Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica.

5. Para aqueles productos que poidan ser considerados no catálogo xeral como de especial prescrición e control (EPC) por parte da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica de Galicia requírese, ademais, un informe clínico completo realizado por un facultativo do Servicio Galego de Saúde especialista na materia corres-

pondente á clínica que xustifique a prescrición e adscrito a un centro hospitalario propio que dispoña de unidade ou servicio de rehabilitación.

Os ditos productos requirirán, ademais, o visado previo á súa dispensación por parte da inspección sanitaria.

Así mesmo tamén precisarán o visado por parte da inspección sanitaria tódolos productos ortoprotésicos prescritos por facultativos de centros concertados co Servicio Galego de Saúde que non formen parte da súa rede asistencial.

6. En tódolos casos os beneficiarios da prestación ortoprotésica do Servicio Galego deSaúde para acceder e ter dereito a ela deberán acredita-la dita condición.

Artigo 5º.-Cadeiras de rodas.

As cadeiras de rodas teñen o carácter de recuperables para a súa posible reutilización, polo que poderá ser requirida a súa devolución polo Servicio Galego de Saúde unha vez finalizado o seu uso, sendo polo tanto procedente a existencia dun compromiso escrito por parte dos beneficiarios destas prestacións para facer efectiva tal devolución.

Artigo 6º.-Dereitos e obrigas dos beneficiarios.

1. Os dereitos dos beneficiarios das prestacións ortoprotésicas son:

-Liberdade de elección do establecemento dispensador do producto ortoprotésico prescrito, segundo os criterios de planificación establecidos polo Servicio Galego de Saúde.

-Renovación da prestación, se procede.

-Posibilidade de acudir á inspección sanitaria en caso de desconformidade coa prestación.

-Posibilidade de elevar reclamación, en última instancia, ante a Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Serán obrigas dos beneficiarios:

-Cumpri-las instruccións do facultativo especialista prescritor.

-Facer bo uso da prestación prescrita e conservala.

-Facer efectiva a devolución das cadeiras de rodas cando proceda.

Artigo 7º.-Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. A Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia realizará adecuadamente o seguimento da Prestación Ortoprotésica. A súa composición será a seguinte:

-Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, quen poderá delegar no secretario xeral da Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais e secretario xeral do Servicio Galego de Saúde.

-Vicepresidente: o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

-Vocais: o subdirector xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial do Servicio Galego de Saúde.

O subdirector xeral de Inspección Sanitaria da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O subdirector xeral de Información Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

O subdirector xeral de Orzamentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde.

Dous facultativos especialistas en rehabilitación, designados polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

Un facultativo especialista en traumatoloxía e cirurxía ortopédica designado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

-Actuará como secretario, sen voz e sen voto, un administrativo designado polo secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os vocais facultativos especialistas poderán ser renovados polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde cando así o considere.

Cando a comisión o estime oportuno poderá convocar ás súas reunións ata un máximo de tres membros non fixos, que actuarán con voz pero sen voto, entre persoas das que, por razóns profesionais se considere necesaria a súa intervención.

A comisión reunirase unha vez cada dous meses con carácter ordinario e con carácter extraordinario cando o considere necesario o presidente ou a metade máis un dos seus compoñentes.

2. As funcións da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica serán as seguintes:

-As xa descritas no punto 4 do artigo 4º desta orde.

-Aproba-lo contido dos catálogos de próteses cirúrxicas fixas e ortopédicas permanentes ou temporais.

-O asesoramento para a resolución de dúbidas que se poidan presentar desde as direccións provinciais e xerencias de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde en relación coa prestación ortoprotésica, así como o que precise o representante da Comunidade Autónoma vocal no Comité Asesor para a prestación ortoprotésica do Ministerio de Sanidade e Consumo, previsto na O.M. do 18 de xaneiro de 1996 e modificada mediante O.M. do 30 de marzo de 2000. Para tales efectos se a comisión así o considera poderá constituírse un Grupo Técnico de Traballlo.

-Aproba-lo sistema de información que permita realiza-lo control e o seguimento adecuado da prestación ortoprotésica no ámbito da Comunidade Autónoma.

-Posibilidade de establecer que determinados productos poidan ser considerados no Catálogo Xeral como de especial prescrición e control (EPC) e queden suxeitos a visado por parte da inspección sanitaria, con carácter previo á súa dispensación.

-Velar polo cumprimento e aplicación da normativa vixente en cada momento na Comunidade de Galicia.

-Establecer e actualiza-las cantidades que por parte do Servicio Galego de Saúde se financiarán para cada un dos productos incluídos no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico.

-Determina-las inclusións e exclusións do catálogo vixente.

-Propoñe-las modificacións normativas que procedan en cada momento.

-Atende-las posibles reclamacións de usuarios dirixidas á propia Comisión Central.

-Autorizar en tódolos casos e con carácter previo, a realización de calquera concurso para adquisición de material ortoprotésico.

Artigo 8º.-Seguimento.

A Unidade de Prestacións da inspección sanitaria de cada unha das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde realizará un programa continuo de seguimento desta prestación ortoprotésica, emitindo semestralmente un informe de avaliación a este respecto, co fin de constata-lo adecuado cumprimento das normas establecidas na presente orde así como a evolución dos custos económicos.

Os ditos informes serán remitidos á Secretaría da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Con motivo da publicación da presente normativa reguladora procederase á edición, impresión e difusión do novo Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico á totalidade de especialistas prescritores e distintos niveis administrativos e sanitarios do Servicio Galego de Saúde e ás súas direccións provinciais implicadas na temática, así como establecementos dispensadores de productos ortoprotésicos.

Segunda.-O Servicio Galego de Saúde actualizará con periodicidade anual o Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico que se aproba nesta orde, recollendo con carácter ordinario as modificación que se determinen polo que respecta a inclusións e exclusións e contías máximas financiadas polo Servicio Galego de Saúde e con carácter extraordinario calquera outra modificación que proceda por proposta da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica.

Disposicións transitorias

Primeira.-Segundo o disposto no artigo terceiro da orde do Ministerio de Sanidade e Consumo do 23

de xullo de 1999 pola que se modifica a Orde do 18 de xaneiro de 1996 de desenvolvemento do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, para a regulación da prestación ortoprotésica, e de acordo para tales efectos coa orde comunicada da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de marzo de 2000, na Comuniade Autónoma de Galicia, as ditas modificacións atopánse vixentes desde 2 de xaneiro de 2000.

No Catálogo Xeral de Prestación Ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia que se aproba mediante esta orde, inclúense as modificacións indicadas.

Segunda.-Segundo o disposto no artigo cuarto da orde do Ministerio de Sanidade e Consumo do 30 de marzo de 2000 pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de xaneiro de 1996 de desenvolvemento do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, para a regulación da prestación ortoprotésica, e de acordo para tales efectos coa orde comunicada da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 18 de xullo de 2000, na Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas modificacións atópanse vixentes desde 12 de xullo de 2000.

No Catálogo Xeral de Prestación Ortoprotésica da Comunidade Autónoma de Galicia que se aproba mediante esta orde, inclúense as modificacións indicadas.

Terceira.-Tódalas solicitudes de productos ortoprotésicos formuladas con posterioridade á data de entrada en vigor desta orde deben ser tramitadas e recoñecidas seguindo os procedementos recollidos nesta orde.

As solicitudes formuladas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde e que se atopasen en trámite de resolución seralles de aplicación a normativa reguladora máis favorable para o beneficiario.

Cuarta.-Mentres non se regulen na Comunidade Autónoma de Galicia as condicións e requisitos dos centros ou establecementos sanitarios que dispensan audífonos e os seus moldes adaptadores, quedan facultados para a súa dispensación os establecementos de óptica, establecementos de ortopedia e centros audiolóxicos que conten cos medios técnicos e persoal adecuado para o efecto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 7 de febreiro de 1997 pola que se regula a prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o 1 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais