Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica para o desenvolvemento dun programa de dinamización xuvenil no parque do Castro.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude; nº expediente: 506/336/2000.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación da asistencia técnica do desenvolvemento dun programa de dinamización xuvenil no parque do Castro da cidade de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: un ano, a partir do día primeiro do mes seguinte a aquel no que se notifique o acordo de adxudicación; pódese prorrogar por períodos anuais ata un máximo de tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 8.000.000 de pesetas/ano.

5. Garantía: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde a data da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remata o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde