Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da concesión de servicio público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación; nº expediente: 13227/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión do servicio público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 16 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordiaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 2.289.509.313 pesetas/ano (13.760.228,10 euros/ano).

5. Garantía: provisional: 732.642.980 pesetas (4.403.272,99 euros).

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica e financeira na forma seguinte:

-Informe de 2 institucións financeiras.

-Balance das contas de resultados da sociedade dos exercicios 1998 e 1999.

A solvencia técnica acreditarase:

-Na forma prevista no artigo 19 b) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Certificacións de calidade segundo a normativa UNE, EN e ISO9000 e 14001.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOE, DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula XIV do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XIV do prego de condicións administrativas.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 6 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde