Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 19 de setembro de 2000, adoptou acordo polo que se aproba inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Ourense-Sanxenxo, redactado pola consultora Interurban, S.A. e que ten por obxecto determina-las obras de urbanización da mencionada rúa no tramo comprendido entre o Paseo de Silgar e a rúa Castelao da vila de Sanxenxo, dotándoa de tódolos servicios urbanísticos (auga, saneamento, pluviais, iluminación, etc.); trátase dun novo deseño da vía que coordina os itinerarios rodados e peonís e ordena os servicios urbanos existentes.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes co obxecto do seu exame na secretaría do concello e formulación de alegacións.

Sanxenxo, 19 de setembro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde