Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Páramo.

2. Obxecto do contrato: a subministración dunha máquina cargadora-retroescavadora.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 9.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención documentación e información.

Na Casa do Concello do Páramo, ata o día hábil anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida no prego.

c) Lugar: concello do Páramo; das 9 ás 14 horas Torre, 1-O Páramo.

9. Apertura de ofertas: ás 12 horas do día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da casa do concello.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Páramo, 11 de outubro de 2000.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde-presidente