Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 20 de setembro de 2000 aprobou os proxectos das obras de rede de saneamento nos núcleos de Soán, Orxais, Xestoso, Lamas de Lor, Paradaseca, Campos de Vila, Caspedro, San Xulián e Paradela e pavimentación de accesos a núcleos de poboación de Espandariz, Pacios de Mondelo, Quiroga, Montefurado, Paradapiñol, Lamela, Santa Cubicia, Parteme, Outeiro, San Cristovo, Bustelo de Lor, As Medas e Conceado, incluídas no Piel da anualidade de 2000 e polo importe de 17.000.000 e 6.481.473 respectivamente. O que se expón ó público polo prazo de 15 días para efectos de exame e reclamacións que, de non presentarse, se entenderán definitivamente aprobados.

Quiroga, 13 de outubro de 2000.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde