Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 5/2000.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de acondicionamento de terreos para ampliación do polígono industrial Monte Afieiras.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 10.985.210 pesetas (66.022,44 euros).

5. Garantía provisional: 219.704 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o

último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D/Dª..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado/a da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., toma parte nel e comprométese a realiza-la obra de acondicionamento de terreos para ampliación do polígono industrial Monte Afieiras, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme co proxecto técnico e co prego de cláusulas administrativas, que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 28 de setembro de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde